Éxito escolar

Charla: Que ten que ver a química con nós?

09/02/2018 - 11:05
09/02/2018 - 11:55
Etc/GMT+1

O venres da semana pasada, día 9, o alumnado de 1º Bacharelato A e 2º Bacharelato A e B (só o alumnado que cursa a materia de Física e Química) tivo a sorte de asistir á charla Que ten que ver a química con nós? Produtos naturais, fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... que foi dirixida por Ricardo Riguera Vega e organizada en conxunto polo departamento de Física e Química e o de Orientación.

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Ricardo Riguera é tamén investigador no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Na actualidade a súa investigación está dirixida hacia a aplicación biomédica.

A actividade realizouse durante a cuarta hora da mañá no salón de actos do IES A Sangriña.

 

 

Felicidades a Amaya Vicente Pérez!

Parabéns a Amaya Vicente Pérez, alumna de 4º ESO A que foi galardoada recentemente coa bolsa Amancio Ortega.

O programa de bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a rapaces e rapazas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos e alumnas seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización, validación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Felicidades unha vez máis!

 

DECLARACIÓNS DE AMOR PREMIADAS NO CONCURSO FALEMOS DE AMOR

ORGANIZADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PROGRAMA ÉXITO ESCOLAR LINGUAS  

CATEGORÍA A 

1º PREMIO 

Pérdome no teu corpo,
atópome nos teus beizos.

percorro a túa cara,
os teus cabelos de palla.

Acaricio o teu pescozo,
estou cheo de gozo.

Chego ao teu embigo,
pero eu prosigo.

Sinto as túas pernas,
es ti quen me gobernas.

Chego á fin,
creo que cumprín. 

Óscar Rodríguez Goyás  

2º PREMIO  

Ai! Ramiro, Ramiro....
a ti, esta carta che escribo...
para que saibas que te quero
porque eu sen ti non podo...
 
Gústasme dende que eramos nenos
cando contabamos cos dedos...
preciso que veñas aquí,
non aguanto máis sen ti...
 
Dáme un bico,unha mirada...
só mirame á cara....
Dime que me queres...
se o meu amigo es...
 

Clara Álvarez Garcés  

CATEGORÍA B 

1º PREMIO 

Chove…

E cada gota

é coma un bico.

Os teus bicos ausentes

que agora recordo

Sufro… 

Chove…

E agora non sei onde estás

só quero volver a verte

e que todo volva ser coma antes.

Non podo vivir

Se ti non estás… 

Carlos Velasco Gómez  

2º PREMIO 

Cando digo o teu nome penso nunha flor
nunha flor penso cando digo o teu nome
se tanto me queres dáme o teu amor
porque senón ficarei sen nome.
 

Iván Rodríguez Peña

Abril 2010

Syndicate content

Iniciar sesión