O Tesouro dos nosos avós
Compoñentes do grupo O Tesouro dos Nosos Avós 2008-2009
|
NOME E APELIDOS |
DEPARTAMENTO |
| PILAR SAÍNZA ARIAS CERDEIRIÑA | TECNOLOXÍA |
| TERESA CALLÍS SOL | XEOGRAFÍA E HISTORIA |
| PILAR CARRO LOUREIRO | ADMINISTRATIVO |
| VICTORIANO GRANJA DÍEZ | LINGUA GALEGA E LITERATURA |
| MARÍA LUÍSA GUERRA CAÑIZO (COORDINADORA) | LINGUA GALEGA E LITERATURA |
| SUSANA MUÍÑOS PAZ | EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL |
| OLIVIA PENA ARIJÓN | LINGUA GALEGA E LITERATURA |
| EUMELIA REI SANTOS | LINGUA GALEGA E LITERATURA |
| Mª CRUZ RIVAS CARRERA | LINGUA GALEGA E LITERATURA |
| SUSANA SALVADOR DÍAZ | EDUCACIÓN FÍSICA |
| CONCEPCIÓN VILLAMARÍN COEGO | ADMINISTRATIVO |
IES A Sangriña no BEN FALADO!
O pasado venres, 6 de marzo a RTVG retrasmitiu a reportaxe do Tesouro dos nosos avós, gravada no instituto e na Residencia Monte Tegra da Guarda
Reportaxe do Tesouro dos nosos avós na Residencia Monte Tegra
O día 12 de febreiro gravouse no noso instituto un programa para a televisión de Galicia que será emitido nas próximas semanas.
Trátase do espazo que se emite ás tres e media da tarde: O BEN FALADO. Nel recóllense particularidades da nosa lingua e difúndense aquelas experiencias que están contribuíndo á dignificación e normalización do galego.
No noso caso consideraron que cumpría estes obxectivos o traballo O TESOURO DOS NOSOS AVÓS. Neste proxecto, que recibiu o premio de innovación en normalización lingüística, participan numerosos alumnos e alumnas de diferentes idades e niveis do IES A Sangriña que realizan traballos de investigación sobre o pasado recente en colaboración con persoas maiores da Residencia Monte Tegra ou da súa propia familia. Os resultados son ata o momento excelentes.
Participaron na gravación d'O Ben Falado alumnos e alumnas do instituto, que contaron a súa propia experiencia. Tamén colaboraron as pandeireteiras SAE A LÚA e os avós e avoas da Residencia e por suposto o profesorado implicado.
Para informarse con máis detalle sobre O TESOURO DOS NOSOS AVÓS podedes consultar a web do IES A Sangriña ou o blog: http://tesourosdosavos.blogspot.com/
O proxecto do tesouro dos nosos avós
Nos ficheiros adxuntos tendes o proxecto e uha descrición da experiencia do Tesouro dos nosos avós Tamén atoparedes fotos da entrega de premios e do encontro na residencia de maiores da Guarda.