Programas Internacionais
Proxecto Comenius REGIO de integración de persoas con discapacidade, abril de 2013.
Ciclo de cine sobre discapacidade.
O próximo mércores 10 de abril, no IES A Sangriña, comeza o ciclo de cine sobre discapacidade organizado polos centros de A Guarda participantes no proxecto Comenius REGIO.
Visita ás Illas Cíes
Alumnado Comenius de Dinamarca e Portugal vista as Illas Cíes durante o día de hoxe, 20 de marzo de 2013.
Proxección do documental "A pegada ecolóxica do ser humano".
O mércores 6 de marzo de 2013, ás 16.30, proxectarase no Salón de actos do IES A Sangriña o documental A pegada ecolóxica do ser humano, dentro do Ciclo de cine medioambiental organizado polo Programa Comenius REGIO.
Imaxinemos que temos ante nós todo o que consumimos ao longo da vida. A cantidade de residuos xerados por ese consumo é brutal. Este documental analiza o consumo no mundo desenvolvido, desde o nacemento ata chegar a anciáns, a través dunha ilustración visual do impacto que supón cada persoa sobre o resto da poboación e do planeta.

