Intercambio alumnos
Intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque, outubro de 2012.
Un grupo de alumnos de 2º e 3º de ESO do IES A Sangriña participa esta semana -do 16 ao 23 de outubro de 2012- no intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque. Entre as actividades, ademais da visita a París, están previstos varios talleres organizados conxuntamente por todas as institucións participantes no Comenius REGIO sobre integración de persoas con algún tipo de discapacidade.
Alumnos do proxecto Comenius visitan as illas Cíes
O venres 29, os alumnos dos proxectos Comenius de 1º e 2º de Bacharelato participaron, xunto cos seus correspondentes italianos e daneses, nunha excursión ás illas Cíes. A espléndida xornada rematou cunha animada cea no instituto organizada polas nais e pais participantes. Os daneses regresan a Bornholm o luns, mentres que os italianos aínda estarán no centro ata o martes, cando regresarán a Terni.






