Comenius REGIO

O noso centro, xunto co San Xerome Emiliani, participa na xornada “As persoas con necesidades especiais nos Proxectos Europeos"

14/10/2015 - 00:00
Etc/GMT+1

O compromiso do IES A Sangriña pola inclusión social de persoas con necesidades especiais comeza en 1999 ao compartir, programar e levar a cabo diversas actividades de carácter deportivo e sociocultural con usuarios do Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani ao que se sumou máis recentemente no ano 2011 a asociación Avelaíña de Axuda ás Persoas con Problemas de Saúde Mental.

Promovido por Beatriz Tourón e Amalio Verd, esta colaboración culminou na presentación e aprobación pola Unión Europea do Proxecto Comenius Regio “Os programas europeos como motor de inclusión social de discapacitados intelectuais e enfermos mentais”, coordinado pola Xefatura Territorial de Pontevedra con centros asociados españois (Centro San Xerome Emiliani, Asociación Avelaíña, CEIP A Sangriña e IES A Sangriña) e franceses (Concello de Zuydcoote, CEE Vancauwenberghe, Collège Boris Vian de Dunkerque). Ao longo de dous anos de proxecto desenvolvéronse máis de 100 actividades en cada país, implicando a miles de participantes.

O pasado 14 de outubro de 2015, o Centro San Xerome Emiliani e o IES A Sangriña foron convidados polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) a participar nunha "Xornada de difusión Erasmus+ sobre Persoas con Necesidades Especiais", e a súa participación nos proxectos europeos, para recordar e compartir esa experiencia.

Comenius REGIO 2011-2013.

Sitio web do proxecto REGIO titulado "Os proxectos europeos como motor de integración das persoas con discapacidade física, intelectual e mental", organizado polo IES A Sangriña durante o bienio 2011-2013:
Syndicate content

Iniciar sesión