Comenius Multilateral Open Street Maps

O IES A Sangriña recibe o premio Star Project ao proxecto My Community and My History in Openstreetmap

O noso centro acaba de recibir o Premio Star Project, un recoñecemento de calidade outorgado pola realización do Proxecto My Community and Openstreetmap incluído dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) (actualmente Erasmus+) e que foi realizado por un grupo de alumnas e alumnos do noso centro.
O premio Star Project valora tanto o deseño do proxecto como o seu desenvolvemento, os valores e o impacto dos resultados.

O programa My community and my History in OpenStreetMap desenvolveuse entre setembro de 2013 e xuño de 2015. Baixo a coordinación de Alemaña, participaron como socios a Archbishop Sentamu Academy de Hull (UK), o noso IES A Sangriña e o Liceo Sair Abay Konanbay de Estambul.

OpenStreetMap (OSM) é unha base de datos colaborativa que permite a achega libre e altruísta de calquera persoa habilitando a posibilidade de cartografar calquera zona do planeta. O obxectivo era utilizar OSM para que o alumnado implicados cartografase puntos históricos e arqueolóxicos especialmente importantes das súas comunidades, introducíndose, asemade, no coñecemento sobre o manexo de dispositivos de xeolocalización e familiarizándose co uso de editores cartográficos utilizados en OSM.

O IES A Sangriña colabora con “OpenStreetMap”

27/04/2015 - 16:00
27/04/2015 - 16:50
Etc/GMT+1

O próximo luns 27 de abril ás 16:00 o IES A Sangriña de A Guarda acollerá unha charla sobre o proxecto europeo Comenius “My community and history in OpenStreetMap” a cargo dos profesores Madalina Jonescu (Romanía) e Manfred Reiter (Alemaña),coordinadores do proxecto.

My community and history in OpenStreetMap” vense desenvolvendo dende o ano 2013 coa participación de Alemaña, Reino Unido, Turquía, Romanía e España, e entre os seus obxectivos está o de “mapear” as zonas de interés de cada comunidade, incluíndo non só datos xeográficos, senón tamén históricos e culturais. 

Nos últimos días o alumnado do IES A Sangriña realizou o “mapeo” do Castro de Santa Tegra e o Via Crucis en colaboración con alumnado procedente das localidades de Rm. Vâlcea (Romanía) e Saarburg (Alemaña), que están a visitar a nosa comunidade.

A charla abordará ademais temas como a labor do equipo humanitario HOT do proxecto en crises recentes como a do ébola en África Occidental.

Proxecto OpenStreetMaps en Hall, curso 2014-2015.

29/09/2014 - 09:00
03/10/2014 - 20:00
Etc/GMT+1
Un grupo de estudantes e docentes do IES A Sangriña participou durante esta semana nas actividades do proxecto sobre OpenStreetMaps organizadas pola Archbishop Sentamu Academy de Hull. O grupo foi recibido pola alcaldesa, Mary Glew.
 

Proxecto Comenius Multilateral Open Street Maps

27/03/2014 - 08:20
03/04/2014 - 19:00
Etc/GMT+1

Recén chegados de Hull, os nosos alumnos e alumnas traen estupendos recordos do intercambio co Archbishop Sentamu Academy. En setembro recibiremos a súa visita no IES A Sangriña.

 

Syndicate content

Calendario do Centro

« Xullo 2016 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.