Portugués

Contos do mundo: Brasil

14/02/2017 - 10:00
Etc/GMT+1
A semana pasada tivo lugar a terceira sesión de Contos do mundo: o alumnado de 3º de ESO, acompañado do profesorado Denís Vicente, Alfredo Garrido e María Carneiro, foille falar do Brasil ao alumnado de 1º de primaria. Nesta sesión houbo lectura de dous contos e tamén música, xa que o noso alumnado cantou o Samba lelé.

Contos do mundo: "O segredo da juventude eterna"

09/02/2017 - 09:10
09/02/2017 - 10:15
Etc/GMT+1

Na segunda sesión de Contos do mundo o lugar protagonista foi Macau, na China. O conto O segredo da juventude eterna é a aprendizagem foi presentado en portugués polo profesorado desta lingua, Alberto Viso, María Carneiro e Isabel Gonçalves, que optaron por facer unha posta en escena coa técnica xaponesa do kamishibai, unha sorte de pequeno teatro para láminas.

Velaquí o vídeo elaborado polo profesorado do CEIP. Tendes máis información no blog da súa bilbioteca, Biblio Pepiño (aquí).

Contos do mundo: O macaco do rabo cortado

02/02/2017 - 09:10
02/02/2017 - 10:15
Etc/GMT+1

A semana pasada tivo lugar o primeiro encontro dos Contos do mundo.

O protagonista foi Portugal coa Historia do macaco do rabo cortado, que lles relataron en lingua portuguesa rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato C, acompañados polo profesorado de portugués, Alberto Viso e María Carneiro, ao alumnado de 2º de Primaria. Este grupiño de primaria quixo corresponder cantándolles O pitinho amarelinho. A actividade tivo un resultado moi positivo.

Tendes máis información no blog da bilbioteca co CEIP, Biblio Pepiño (preme aquí). 

Contos do mundo

02/02/2017 - 09:10
14/03/2017 - 10:15
Etc/GMT+1

continentes do mundo 

Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.

No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.

Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. 

Syndicate content

Iniciar sesión

Calendario do Centro

« Xuño 2018
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Lexislación

Noticias e recursos

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.