Proxecto Interdisciplinar

Saída didáctica do proxecto A PEGADA DO LOBO

15/02/2018 - 17:00
17/02/2018 - 20:00
Etc/GMT+1
Os departamentos de Administración e Finanzas, Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Inglés, EPV e Filosofía organizaron dende o pasado xoves 15 de febreiro ao sábado 17 unha saída co alumnado de 4º ESO e de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
 
Esta saída enmárcase dentro do proxecto "A pegada do lobo", que se está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
Na seguinte foto vemos ao alumnado visitando o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria - Zamora) e o Caurel.
 
O profesorado acompañante foron Pilar Carro Loureiro e Juan José Hermida Lago.
 
Máis info picando neste enlace.
 
 

A Guarda sen plásticos (manequín challenge)


Este manequín challenge forma parte do Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO: "A Guarda sen plástico" onde traballan os Departamentos de Inglés, Matemáticas, Plástica e Bioloxía conxuntamente. Foi producido polo alumnado de 1º ESO coa axuda de Maria José Saborido, Beatriz Núñez, Pablo Gaiteiro, Sandra Santos e Xoana Alonso. Tamén axudou o persoal da cafetaría: Javi e Tamara.

O proxecto está dividido en tres fases:

  1. Formación do alumnado sobre o uso dos plásticos e os efectos no medio, que se desenvolveu no primeiro trimestre.
  2. Realización dunha enquisa e análise matemático das respostas, que se está a levar a cabo esta mesma semana no centro.
  3. Interpretación e publicación dos resultados por distintos medios. Comparación entre os resultados da nosa enquisa e os resultados das enquisas doutros institutos europeos. Farase durante o terceiro trimestre.

Dentro do proxecto, creouse un TwinSpace en eTwinning. Este portal europeo permite a grupos de estudantes de toda Europa estar en contacto con estudantes doutros países para facer traballos xuntos. Neste caso, estamos en contacto con un instituto de Sassuolo (Italia) e outro de Kutaisi (Georgia) cos que imos comparar os resultados da enquisa.

Amigos da Terra no noso instituto

16/12/2017 - 08:20
Etc/GMT+1

Dentro do proxecto interdisciplinar “Plastic Free A Guarda” / “A Guarda sen plástico” que estamos levando a cabo en 1º. de ESO este curso, o pasado 16 de decembro recibimos no instituto a María Durán e dúas compañeiras máis de Amigos da Terra.

Nunha interesantísima charla-obradoiro presentáronnos e invitáronnos a reflexionar sobre moitos temas relacionados co consumo e o coidado do medio natural: a nosa responsabilidade no consumo, o sobreconsumo, a obsolescencia programada, a necesidade de analizar a orixe e impacto medioambiental e social dos produtos que mercamos, o comercio xusto, a mochila ecolóxica, a importancia de rexeitar, reducir, reparar, reutilizar e alongar a vida dos materiais, a alargascencia… Moito que pensar e traballar.

Con elas planificamos tamén unha campaña para promover a redución do uso dos envases e bolsas plásticas en A Guarda e organizamos un pequeno mercado de troco que nos amosou como outras persoas poden necesitar ou darlle uso aos obxectos que nós xa non necesitamos ou non utilizamos, alongando a súa vida útil.

Árbore das linguas.

17/06/2013 - 08:20
21/06/2013 - 14:00
Etc/GMT+2

Syndicate content

Iniciar sesión

Calendario do Centro

« Xuño 2018
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Lexislación

Noticias e recursos

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.