Matemáticas

Profesorado do Departamento de Matemáticas 2016-2017

NOME E APELIDOS
CARGO
Xoana Alonso Cal  
Cintia Collazo Mosquera  
María Nieves Lomba Martínez  
Carmen López Fernández  
Paula Orta Isasi Xefa de Departamento
Sandra Santos Suárez  
Francisco Vergara Leonardo  

XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática

15/05/2017 - 09:00
31/05/2017 - 14:00
Etc/GMT+1
Imaxe cartaz
Tres estudantes do IES A Sangriña están a participar no XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. O concurso, que consiste na presentación dunha fotografía que garde relación coas matemáticas, ten un apartado de votación popular no cal calquera persoa con dirección de correo electrónico pode realizar o seu voto.

Desde o Departamento de Matemáticas animámosvos a botarlle un ollo as fotografías que participan, facendo fincapé nas dos nosos compañeiros Marcos Patiño, Tamara Rodríguez e Alejandro Baz, ambos os tres de 1º de Bacharelato.

Deixámovos as fotografías presentadas por cada un deles e a ligazón para acceder a páxina onde podedes votar as fotografías:

  • "Sil-metría" : Tamara Rodríguez.
  • "cosx = sen x - 1" : Marco Patiño.
  • "O pequeno é ao grande como o grande é a todo": Alejandro Baz.


Enlace ao blog do IES Carlos Casares (para votar):

http://ochoupindixital.blogspot.com.es/2017/05/concurso-de-fotografia-matematica.html

Grazas a todas e todos pola vosa colaboración. 

SIL-METRIA

Os fractais

O pasado mes de abril, os alumnos Carlos Martínez, Sergio Piña e Aarón Silva, de 2º de Bacharelato, participaron no concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O concurso consistía na elaboración dun vídeo acerca de contidos matemáticos. Os alumnos decantáronse pola rama da Xeometría e realizaron un entretido vídeo sobre os fractais.

O vídeo non foi clasificado para acadar o premio, pero o certo e que estes alumnos fixeron un gran traballo. Parabéns aos tres!

Olimpíada matemática

27/04/2017 - 10:30
27/04/2017 - 11:30
Etc/GMT+1

Na primeira fase da Olimpíada Matemática Galega 2017 representaron ao centro oito alumnas e alumnos de 2° de ESO.

Sul Baz, Sandra Martínez e Iria Martínez, de 2° ESO A; Víctor Adrover, Diego Lima e Raquel Martínez, de 2° B; e Carlos Alfonso e Miguel Moreira, de 2° C, asistiron ás probas celebradas no IES O Castro (Vigo) o pasado 27 de abril, acompañados da súa profesora Carmen López, con moita ilusión e moitos nervios. Tras dúas horas de competición, dos 95 participantes nesta primeira fase de zona serían seleccionadas nove persoas para pasar á final, que terá lugar o 18 en maio en Lugo.

Temos unha moi boa noticia: entre eses nove hai tres nomes do IES A Sangriña, quedaron finalistas Sul, Iria e Víctor!

Parabéns a todo o alumnado participante, e especialmente ao finalista! Sodes un orgullo para o noso centro.

Syndicate content

Iniciar sesión