Lingua Galega e Literatura
Membros do Departamento de Lingua Galega e Literatura
| DEPARTAMENTO LINGUA GALEGA e LITERATURA | NOME e APELIDOS | CARGO |
| Eumelia Rei Santos | Xefa de Departamento | |
| Ramón Quiroga Barro | ||
| Marisa Guerra Cañizo |
Xefa de Estudos de Adultos Coord. Axenda 21 Coord. Contratos-programa |
|
| Cruz Rivas Carrera | ||
| Magel López Folla | Titora 2º Bach. A | |
| Carme Costa del Río | Titora 2º PCPI-B |
CONFERENCIA: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O LUNS, 16 DE ABRIL ÁS CATRO DA TARDE O ESCRITOR CARLOS CALLÓN FALARÁ DO SEU LIBRO COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS NO IES A SANGRIÑA
Carlos Callón Torres estudou filoloxía galega e portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora en diferentes medios de comunicación e publica numerosos artigos e ensaios de investigación literaria e sociolingüística. Podemos destacar pola súa importancia e alcance os seguintes libros:
* Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005).
* En castellano no hay problema (2010).
* Amigos e sodomitas (premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor volume de ensaio e investigación do ano 2011).
* Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano).
Alumnado do IES A Sangriña asistirá á proxección de Si o vello Sinbad volvese ás illas
O próximo venres 18 de novembro de 2011, o alumnado de 3º e 4º de ESO, acompañado polo profesorado, irá ver a proxección de Si o vello Sinbad volvese ás illas, película baseada na obra de Álvaro Cunqueiro, coproducida por TVG e Ficción Produccións, dirixida e guionizada por Antón Dobao.
Máis información no blog da Biblioteca: http://bibliotegra.blogspot.com/
DÍA: venres 18 de novembro de 2011
LUGAR: Casa da cultura de A Guarda
HORARIO: 8:30/10:00
ALUMNADO: 3º ESO e 4º ESO


