Bioloxía e Xeoloxía
Membros do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
| DEPARTAMENTO de BIOLOXÍA e XEOLOXÍA | NOME e APELIDOS | CARGO |
| Olga Mijón Pedreiro | Xefa Departamento Bioloxía e Xeoloxía | |
| Ramón Delgado Sotorrío | ||
| Juan Hermida Lago |
Xefe Estudos Diúrno Coord. Calidade Educativa
|
|
| Beatriz Fervenza Couñago | ||
| Mª Carmen Rodríguez Verea | Titora 1º PCPI-B/FCT | |
| Raquel Romero Breijo | Titora 1º PCPI-C/FCT | |
| Berta Barreiro Fuentes | Titora ESA II | |
| Víctor Gómez Romero |
Visita didáctica ao IGAFA (Illa de Arousa)
O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" traballa a anatomía e a biotecnoloxía na identificación de peixes
O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" dentro dos contratos-programa continúa profundizando no coñecemento do medio mariño.
Os alumnos e alumnas de 1º ESO estudaron as principais características anatómicas de dous peixes, a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus).
Por outro lado, o alumnado de 4º ESO desplazouse ó laboratorio de Xenética, dirixido por Paloma Morán, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo do Campus do Mar. Os alumnos e alumnas aplicaron a técnica da PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) para diferenciar dúas especies de peixes, o salmón (Salmo salar) e a troita (Onchorhynchus mykiss).
Se queres ver máis detalles visita o Blog de "Contratos-Programa" na nosa páxina web.

Reforestemos 2013. Programa Voz Natura, estratexia ReC.
O xoves 7 de febreiro de 2013, e por segundo ano consecutivo, realizamos unha reforestación con árbores autóctonas (100 carballos e 23 castiñeiros) na parcela cedida polos nosos colaboradores da Comunidade de Montes en Man Común de San Miguel de Tabagón e Pías (O Rosal) e grazas á participación no Programa Voz Natura “BUSCA ALTERNATIVAS”. A finalidade é levar a cabo unha estratexia ReC, isto é, reducir e compensar a pegada ecolóxica, esas 657 toneladas de CO2 emitidas polo centro o curso pasado, ademais de crear un espazo de lecer.