Bioloxía e Xeoloxía
Visita de 4º ESO ó Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Ourense)
O 1 de febreiro,
alumnado de 4º de ESO visitou o Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz en
Ourense (CRZG) nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O centro dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de
Galicia ten por obxectivo a conservación e a recuperación das Razas
Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción.
Visita a Santiago e a illa de Arousa dos alumnos de bioloxía e xeoloxía de Bach.
Os alumnos de 1º Bach. A visitaron o Museo de Historia Natural “Luís Iglesias” en Santiago de Compostela, revisando as coleccións zoolóxicas, xeolóxicas e botánicas. A visita compleméntase cun roteiro botánico guiado polos xardíns do Campus Sur da USC. Ás 15:00 h dirixímonos cara o Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa Coñecer onde realizamos un percorrido polas distintas instalacións onde levan a cabo os cultivos de moluscos, crustáceos e peixes e tamén polas instalacións onde imparten un ciclo formativo de mergullo profesional. Os alumnos/as de 2º Bach. A coñeceron o Instituto de Acuicultura, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Visitaron os laboratorios de patoloxía viral, microbioloxía, bioquímica e xenómica.Profesores acompañantes: Juan J. Hermida e Olga Mijón.
Visita dos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ó Centro de recursos zooxenéticos de Galicia
O 3 de febreiro alumnos de Bioloxía e Xeoloxía do IES A Sangriña visitaron o Centro de recursos zooxenéticos do pazo de Fontefiz, na provincia de Ourense coa finalidade de coñecer os traballos encamiñados á conservación das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, visitar a explotación de gando vacún (razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) e coñecer as actividades de recuperación doutras especies autóctonas como a de porco celta, galiña de Mos ou ovella galega.
A actividade encádrase dentro do programa anual de actividades do Departamento de Ciencias Naturais do IES A Sangriña organizada, neste caso, pola Xefa de Departamento Olga Mijón e o Profesor Juan Hermida.
O Centro de recursos zooxenéticos de Galicia - pazo de Fontefiz dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia (http://mediorural.xunta.es/areas/gandaria/centro_de_recursos_zooxeneticos/)





