Fol
Membros do Departamento de FOL
| DEPARTAMENTO de FOL | NOME e APELIDOS | CARGO |
| María Luisa Vázquez Vázquez | Xefa Departamento FOL | |
| Montserrat Núñez Núñez |
Seminario de motivación emprendedora
Entidade que impartiu o Seminario: BIC GALICIA.
Organiza o Departamento de FOL
Obxetivo: Difundir como se xeran ideas empresariais e romper cos mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquer persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
BIC Galicia aportou material promocional editado polo Instituto Galego de Promoción Económica [IGAPE] para a súa difusión.
O Seminario foi dirixido aos seguintes grupos nas seguintes datas:
18/11/10. Hora de comenzo 9:00 horas-12:00
Dirixido ao alumnado dos ciclos de Carrocería (2º curso), Electromecánica de vehículos (1º curso), Sistemas Microinformáticos e Redes (2º curso).
Todos estos alumnos están cursando a materia Empresa e Iniciativa Emprendedora (Ciclos LOE) e Administración, Xestión e Comercialización dunha empresa (Ciclos LOGSE).
Novembro 2010
Conferencia "Os primeiros auxilios" por D. Manuel Gil Fernández
No IES A Sangriña celebrarase unha conferencia titulada “Os primeiros auxilios” polo especialista en medicina laboral no ISSGA D: Manuel Gil Fernández. Será o 3 de Decembro de 10:00 a 14:00 no salón de actos do centro educativo. Está dirixido para todo o alumnado que cursa ciclos formativos.
Seminario de motivación emprendedora
No IES A Sangriña estase levando a cabo durante este mes de novembro un Seminario de motivación emprendedora impartido polo Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia co obxectivo de mostrar á mocidade que non é un mito a figura do emprendedor e que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
O seminario está destinado principalmente aos ciclos medios existentes no centro (xestión administrativa, informática e mecánica), ao PCPI e o ciclo superior de Administración e Finanzas. Dita actividade será os días 5, 11, 23 e 24 deste mes e organizada polo Departamento de Fol