Mostra de teatro non profesional do Miño Feixó de Arauxo

5 MT: reportaxes das pezas do IES Vilar Ponte, Viveiro e RRHH d´O Aturuxo de Melpómene, Narón.Acto de peche

01/05/2011 - 16:00
01/05/2011 - 23:00
Etc/GMT+2

O 1 de maio, pechouse a 5ª MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO no IES A Sangriña.
 
Durante estes días, numeroso público tivo a ocasión de asistir ás representacións que se ofreceron en Goián, O Rosal e A Guarda. Todas as obras seleccionadas para esta Mostra, aínda sendo de teatro amador, deixáronnos impresionados pola súa extraordinaria calidade con traballos interpretativos dignos  dos mellores actores e actrices do teatro e cine profesional.
 
O sábado tivemos ocasión de ver OS PECADOS CAPITAIS,
do grupo Gargallada, do Barco de Valdeorras, que foi representada no auditorio d’O Rosal. Tamén A VISITA DA VELLA DAMA, de Vichelocrego Teatro, de Gondomar, no auditorio de Goián.
 


O domingo tivemos unha variada oferta, que comezou ás catro da tarde no auditorio de Goián, onde o alumnado do IES A Sangriña ofreceu, fóra de concurso, a obra A RAÍÑA CATARINA E AS SÚAS FILLAS,  baseada na adaptación de Eduardo Alonso e Cándido Pazó do REI LEAR  de Shakespeare.
A continuación puidemos asistir ás AVENTURAS E DESVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO DA PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS no auditorio d’O Rosal. A obra que pechou a Mostra foi RRHH (O MÉTODO), que representou n’A Sangriña o grupo de Narón O Aturuxo de Melpómene.
 
No acto de peche ofrecéronnos actuacións musicais alumnos e alumnas do IES A Sangriña cos profesores Alfredo Garrido e Nuria Vázquez. Tamén as pandeireteiras SAE A LÚA nos deleitaron con varias das súas cántigas.
 
Finalmente, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas anunciou o nome da obra que recibiu este ano o premio do público: AVENTURAS E DESVENTURAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO DA PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS, do IES Vilar Ponte de Viveiro.



Reportaxe da representación de Brandos Costumes (5ª Mostra de Teatro do Miño)

29/04/2011 - 20:30
29/04/2011 - 22:30
Etc/GMT+2

O venres 29 de abril de 2011, ás oito e media da tarde, representouse a primeira obra da 5ª Mostra de Teatro do Miño, BRANDOS COSTUMES, da Assoc. Cult. da Juventude Povoense, de Póvoa de Lanhoso. Presentada por Borja Araújo e Ricardo Dorado, do Teatro do Falabarato.

 


Syndicate content

Iniciar sesión

Calendario do Centro

« Xullo 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Lexislación

Noticias e recursos

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.