Proxecto EpDLab

No Faro de Vigo

06/12/2016 - 00:00
08/12/2016 - 00:00
Etc/GMT+1

Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

Proxecto EpDLab: educación en valores e novas tecnoloxías

Neste curso 2016-2017 o noso centro vai participar por segundo ano consecutivo no proxecto EpDLab (Educación para o desenvolvemento. Laboratorio), financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e coordinado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Nesta ocasión serán o alumnado de 1º de ESO matriculado na materia de ITI (Investigación e Tratamento da Información) o que participará no proxecto, xunto con alumnado de centros de Viana do Bolo, Silleda, Ames e Boiro. Unha vez ao mes visitarannos membros de AGARESO e Gingko (especialistas en novas tecnoloxías na educación), e os rapaces e rapazas aprenderán a manexar programas e aplicacións informáticas e móbiles ao tempo que reflexionan sobre temas coma a desigualdade, a ecoloxía, o racismo etc, e o seu tratamento nos medios de comunicación e na publicidade.

Ao longo do curso, poderanse ver os froitos do traballo na páxina web http://www.epdlab.gal/. A continuación podedes ver o vídeo resumo que Roi e María, membros de Gingko, prepararon sobre o feito no curso pasado. 

Exposición fotográfica de AGARESO (Reporteiros Galegos Solidarios)

20/01/2016 - 12:00
16/02/2016 - 12:00
Etc/GMT+1

Desde hoxe e ata o próximo martes 16 de febreiro podemos gozar na Sangriña da exposición de fotografías cedida por Agareso sobre os proxectos de desenvolvemento que levan a cabo en países coma Marrocos ou O Salvador.

Asemade, Agareso organiza obradoiros nos concellos e centros de ensino, coma o EpDLab, que se está a desenvolver no instituto neste curso e que traballa a educación para o desenvolvemento a través de ferramentas TIC e da análise dos medios de comunicación.
Podedes ver as fotografías de Agareso no espazo da cafetería do IES A Sangriña.

Proxecto EpDLab

Neste curso 2015/16 alumnado do IES A Sangriña participará no proxecto EpDLab, no que a través de ferramentas TIC e análise dos medios de comunicación traballaremos a educación para o desenvolvemento: desigualdade, sexismo, ecoloxía, inmigración, racismo, consumo responsable etc. Participamos nesta andaina xunto con outros catro centros galegos (Navia de Suarna, Milladoiro, Boiro e Ourense) e un centro de Tecoluca (El Salvador).

A coordinación técnica do proxecto é responsabilidade de Agareso (reporteiros galegos solidarios) e Gingko. Eles visitarannos unha vez cada mes para impartir un obradoiro ao alumnado participante. Podedes ver os froitos deste traballo na web do proxecto: http://www.epdlab.gal/ e podedes participar con nós a través das redes sociais co hagshtag #epdlab en twiter, instagram ou facebook.

Syndicate content

Iniciar sesión