Presentación Probas ABAU

20/02/2018 - 10:15
20/02/2018 - 11:00
Etc/GMT+1

O pasado martes 20 de febreiro o Departamento de Orientación organizou unha presentación das probas de acceso á Universidade (ABAU), dirixida ao alumnado de 2º Bacharelato. Neste acto explicáronse detalladamente as convocatorias, o procedemento de matrícula, o calendario e tamén a estrutura de ditas probas. 

A actividade estivo dirixida por Antonio Fernández, profesor da Universidade de Vigo e presidente da CIUG.

 

Norberto Fernández na Sangriña!

Onte día 19 de febreiro, o club de lectura "Na raia" tivo a sorte de ter como invitado especial a Norberto Fernández, quen lles foi falar do seu cómic O báculo de Daghdha.

Logo dunha interesantísima e moi amena exposición sobre como se xestou a obra, contarlles todos os procesos polos que pasou e resolver unhas cantas dúbidas, remataron facendo entre todos os dous personaxes que se ven na seguinte foto.

Pódense ver máis na conta de Instagram ou no blog do club de lectura.

 

Actividades da Semana da Ilustración

A finais de xaneiro, o equipo da Biblioteca e o Grupo de Igualdade organizaron a “Semana da Ilustración”. Ao longo deses días leváronse a cabo pequenas exposicións en diferentes ubicacións do centro, relacionadas con ilustradores, personaxes de distintos libros, celebración das efemérides nas que se puido visibilizar o papel das mulleres, etc. As actividades que se fixeron foron as seguintes:

22 de xaneiro: asistencia á proxección da película de animación Coco do alumnado de 1º e 2º ESO.

27 de xaneiro (de 1832): nace Lewis Carroll. Exposición de diferentes edicións de Alicia no país das marabillas.

28 de xaneiro (de 2002): morte de Astrid Lindgren, autora do libro Pipi Mediaslongas. Presentación da edición do libro que a editorial Kalandraka vén de publicar en lingua galega.

 

30 de xaneiro (de 1886): nace Castelao. Exposición das súas ilustracións.

 

Concurso de disfraces A Sangriña 2018

O venres da semana pasada durante as dúas últimas horas de clase puidemos disfrutar dun festival de disfraces que nada tivo que envexar ao de Río de Janeiro. Como diciamos nunha entrada anterior, houbo premios para os mellores disfrazados. Neste caso foron varias cestas de produtos facilitados pola AMPA, que un ano máis estivo disposta a axudar como sempre o vén facendo. Dende aquí aproveitamos para agradecer a súa labor, que foi moi valiosa.

Achegamos algunhas fotos para quen non puidera asistir.


1º premio: 4ºB "Seita satánica"

Syndicate content

Calendario do Centro

« Febreiro 2019
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728

Lexislación

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.