Unha ollada literaria ós Dereitos Humanos
Co motivo do Día da Paz, a Bibliotegra do Miño ofrece unha escolma de libros sobre Dereitos Humanos, tratando temas como a muller, a guerra, a tortura, a falta de liberdade de expresión, a homofobia e distintas violacións dos dereitos elementais dos seres humanos. Podedes consultala no seu blogue, premendo aquí.
Retrato de Miguel Hernández, realizado no cárcere por Buero Vallejo.
"ELLA: Ese eres tú, y tú y tú. Yo soy tú, y tú eres yo. Todos hemos vivido y viviremos, todas las vidas.
Él: Si todos hubiesen pensado al herir, al atropellar, al torturar, que eran ellos mismos quienes lo padecían, no lo habrían hecho...Pensémoslo así mientras la verdadera respuesta llega."
EL TRAGALUZ, ANTONIO BUERO VALLEJO.
Bases para adxudicación de máquinas expendedoras.
O Consello Escolar do IES A Sangriña convoca concurso para adxudicar o servizo dunha máquina de café e unha de comidas e bebidas, de acordo coas bases que figuran a continuación, e tamén no arquivo adxunto.
As solicitudes entregaranse na secretaría do centro antes das 14 horas do día 1 de febreiro de 2013.
Ciclo de cine medioambiental.
O mércores 30 de xaneiro de 2013 dará comezo o ciclo de cine medioambiental, aberto a toda a comunidade, e organizado no marco das actividades do Programa Comenius REGIO, de integración de persoas con discapacidade, en colaboración co Centro San Xerome, a Asociación Avelaíña e o CEIP A Sangriña.
Reportaxe sobre o obradoiro de enfermidade mental impartido por Avelaíña.
Dentro das actividades realizadas no marco da programación de “Comenius Regio”, o pasado 3 de outubro de 2012, 8 alumnos e alumnas do CEIP e do IES A Sangriña participaron nun “Obradoiro sobre enfermidade Mental” impartido pola psicóloga do Centro de Rehabilitación de Avelaíña, en A Guarda.
O seu obxectivo foi informar e sensibilizar o alumnado sobre a saúde mental. Utilizouse material didáctico do “Proxecto Chamberlin”, mediante un cómic que reflicte a historia dun rapaz que sofre enfermidade mental. Para dar a coñecer estas patoloxías, previlas e rachar cos falsos mitos sobre elas, a Asociación Avelaíña imparte estes obradoiros informativos para adolescentes.

