Entrega de premios do concurso "Amigos de π"

O mércores 14 de marzo, día internacional do número π, o Departamento de Matemáticas repartiu os premios do concurso de relato curto.
 
Os gañadores foron Aldara Otero Rodríguez, de 3º ESO C por A batalla dos números e Néstor Lomba Lomba, de 2º BACH B por Romance de Pi
 
Parabéns! 
 
 
 
 

Charla sobre emprendemento: o proceso de creación da empresa

O pasado mércores 7 de marzo, o Departamento de FOL organizou unha actividade sobre o proceso da creación da empresa, enfocada ao alumnado do 2º curso dos Ciclos Medios de Carrocería, Mecánica, Xestión Administrativa e Sistemas Microinformáticos e Redes.
 
A charla foi levada a cabo por Fernando Álvarez Pereira, técnico de Servizos Xerais da Subdirección de Información Especializada do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
 
Esta ambiciosa e útil actividade tivo lugar no salón de actos do IES durante as dúas últimas horas da mañá, e tocou os seguintes puntos:
 
-Plan de empresa
-Plan económico-financeiro (programa viable 2020)
-Servizos de información e asesoramento prestados polo IGAPE
-Programas de axudas (financeiras e de capital)

Entrega agasallos Viaxe a Toulouse

O martes da semana pasada o Departamento de Tecnoloxía fixo a entrega da cesta de produtos ao gañador do nº 376: Mario Vicente, de 2º ESO C.
 
Asemade, tamén a semana pasada, o xoves día 8, entregáronse as tablets e o MP4. Deixamos unhas fotos e o enlace ao blog para máis información.
 
 
 
 
 
 
 

Charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela

09/03/2018 - 11:05
09/03/2018 - 11:55
Etc/GMT+1

Hoxe venres día 9 de marzo, tivo lugar no salón de actos do IES unha charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela. Foi organizada polo Departamento de Orientación e levada a cabo polo profesor da USC Carlos Javier Álvarez, natural de A Guarda.

Esta actividade encádrase no programa "A ponte" entre os centros de secundaria e a USC. O obxectivo é acercar e dar a coñecer o que ofrece a universidade en canto a titulacións e outros servizos: residencias, cursos de idiomas, prácticas deportivas, bolsas, etc.

O profesorado implicado foi Juan Hermida, Valentín, Edita, Borja Santamarta, Manuel Vidal, Olga Costas e Rosa Domínguez. 

Syndicate content

Calendario do Centro

« Setembro 2018
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Lexislación

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.