Aclaracións sobre a folga do 8M

Lembramos que o alumnado de 1º e 2º ESO non está convocado para o acto que se celebrará na praza do reló ás 12:30 mañá, xoves 8 de marzo.
 
No caso de que o alumnado destes niveis desexen participar neste acto, os seus pais deberán vir buscalos e asinar a autorización correspondente.
 
Se pola contra deciden non asistir ao centro durante a mañá, a ausencia considerarase como unha falta pendente de xustificar.
 
Aproveitamos tamén para achegar o cartaz coa información do programa do día 8M.
 
 

8M

Preparando desde o Equipo de Normalización Lingüística e Igualdade o 8M!
 
 
 

Charla sobre a argumentación lóxica e retórica

02/03/2018 - 12:20
02/03/2018 - 13:10
Etc/GMT+1

O pasado venres 2 de marzo o Departamento de Filosofía e de Orientación organizaron unha charla sobre a argumentación lóxica e a retórica.

Estivo enfocada para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato (o que cursa a materia de Historia da Filosofía), dirixida un ano máis polo profesor da USC José Miguel Sagüillo Fernández-Vega e realizouse durante a penúltima hora da mañá.

Nesta charla o profesor Sagüillo falounos sobre a filosofía da ciencia e as probabilidades, entre outros temas. O obxectivo era tratar esta parte da materia dun xeito máis sinxelo e ameno para o alumnado, falar da argumentación lóxica a través de exemplos moi prácticos que os fixera razoar.

O profesorado implicado foi Borja Santamarta, Toñi, Alberto Viso, Lucía García e Rosa Goberna. 

 

II CONCURSO AMIGOS DE π

O próximo mércores 14 de marzo é o día mundial de π, e para celebralo, o Departamento de Matemáticas organiza o II concurso AMIGOS DE π, no que haberá diferentes premios.
 
Syndicate content

Calendario do Centro

« Abril 2019
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Lexislación

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.