Exposición de maquetas de cociñas

Estes días podemos ver expostas no vestíbulo do noso centro unhas maquetas de cociñas ben xeitosas. Trátase dun proxecto realizado polo alumnado de 2º de ESO na materia de Tecnoloxía. Nas aulas elaboraron os planos destas cociñas que elas e eles mesmos deseñaron e, a partir destes planos, feitos a escala 1:10, construíron as maquetas, empregando caixas de cartón, cartolinas e materiais de refugallo.

  Maquetas

Iniciar sesión