Alumnado de 4º de ESO visita o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira

19/04/2017 - 10:00
Etc/GMT+1

Un grupo multidisciplinar de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acompañados polo profesorado Mª Luisa Guerra e Juan Hermida, visitaron o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira o pasado mércores 19 de abril.

Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións do museo onde se poden ver as distintas especies de animais que poboan o esteiro do río Miño. Tamén se puideron achegar ás artes tradicionais de pesca de especies de enorme importancia económica nesta zona, tales como a anguía ou a lamprea.

A visita incluíu unha saída nunha embarcación polo esteiro onde puideron ver os distintos aparatos que os investigadores utilizan para o estudo do medio mariño (sonda multiparamétrica, botella Nansen ou mallas para plancton).

O esteiro do río Miño está a sufrir profundas transformacións que afectan á conservación do seu estado natural. A construción de encoros ao longo do río afecta á bioloxía das especies migratorias tales como o salmón, a anguía ou a lamprea. Tamén a introdución de especies alóctonas supón a desaparición das especies autóctonas e a diminución da biodiversidade. A presenza destas novas especies vese favorecida ademáis polo cambio climático que axuda ao desenvolvemento destas novas especies á vez que as especies adaptadas a estas augas se desplazan a latitudes máis ao norte en busca de augas máis frías.

Esta actividade desenvólvese ao abeiro dos contratos programa no que alumnado de 4º de ESO participa cun proxecto centrado no estudo do litoral e no que participan os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Visual, Física e Química e Portugués.

Pódese consultar máis información no enlace: http://contratosprograma.blogspot.com.es/

Calendario do Centro

« Setembro 2018
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Lexislación

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.