JOB SHADOWING ERASMUS+


Desde o 11 de xuño ata o 15, Raquel Pousa Soto e Domingo Caldevilla
Lago, docentes de Administración de empresas e de Trasnporte e mantemento de
vehículos do IES A Sangriña, estarán en Lisboa para realizar unha estancia
formativa no ámbito do proxecto Erasmus+ Acción Clave KA102 Mobilidade das
persoas por motivos de aprendizaxe no sector da Formación Profesional, convocatoria
de 2017.

Durante esta semana visitarán dúas empresas internacionais e recibirán
información sobre a estrutura e organización das mesmas.

O obxectivo principal destas mobilidades é fomentar o intercambio
entre coñecementos teóricos e experiencias sobre métodos pedagóxicos e
laborais. Con estas prácticas tamén se pretende ofrecer aos estudantes de
ciclos formativos que non participen nos programas de mobilidade a posibilidade
de beneficiarse do coñecemento e a experiencia dos seus docentes.

Ca observación directa de modelos organizativos e de dirección
empresarial, o IES A Sangriña obterá unha información satisfactoria susceptible
de ser aplicada no marco da docencia dos módulos de FP e suporá o traspaso de
tales experiencias na súa dimensión internacional.

Nesta semana os docentes tamén visitarán aos estudantes que están
cursando a FCT en Lisboa para avaliar as súas prácticas.

 

 

Calendario do Centro

« Maio 2019
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Lexislación

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.