Os alumnos e alumnas participantes no proxecto "Mar de coñecemento" continúan co estudo do mar

O alumnado participante no proxecto "Mar de coñecemento" desenvolveu unha intensa xornada de estudo de varios aspectos relacionados co mar.

Consulta o Blog do proxecto. 

O alumnado de 1º de ESO diseccionou un polbo. esta especie de cefalópodo é a mais vendida na lonxa de A Guarda o que pon de relevo a importancia do seu estudo. Na disección puideron ver a organización interna dos seus órganos como as branquias, corazón, cerebro, aparello dixestivo e gónadas.

O alumnado de 3º de ESO adicouse á identificación e clasificación de algas do intermareal. Trala utilización de claves dicotómicas e guías puideron identificar as especies recolectadas. Despois da súa identificación procedeuse ó prensado dos exemplares para a súa conservación.

 

O alumnado de 4º de ESO determinou o contido en carbonato de calcio de tres mostras de sedimetos de area do litoral guardés, empregando o calcímetro de Bernard.

 

Calendario do Centro

« Xullo 2014
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.