Ciclos Formativos

FP DUAL de GM de CARROZARÍA

O IES A Sangriña ten previsto instaurar o curso 2018/19 un proxecto de FP DUAL do ciclo de Grado Medio de CARROZARÍA.

A FP DUAL implica que o alumnado fará PRÁCTICAS REMUNERADAS nas EMPRESAS COLABORADORAS.

Para acceder a esta modalidade de FP o alumnado interesado terá que ter unha idade mínima de 18 anos.

Se estás interesado/a ponte en contacto con nós no teléfono 886 11 00 60 ou presencialmente no IES A Sangriña 

PROBAS LIBRES PARA TITULOS DE FP

O vindeiro martes 12 de xuño teremos no salón de actos do centro ás 09:00 a xornada de acollemento para o alumnado matriculado nas probas libres de FP.

Charla sobre emprendemento: o proceso de creación da empresa

O pasado mércores 7 de marzo, o Departamento de FOL organizou unha actividade sobre o proceso da creación da empresa, enfocada ao alumnado do 2º curso dos Ciclos Medios de Carrocería, Mecánica, Xestión Administrativa e Sistemas Microinformáticos e Redes.
 
A charla foi levada a cabo por Fernando Álvarez Pereira, técnico de Servizos Xerais da Subdirección de Información Especializada do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
 
Esta ambiciosa e útil actividade tivo lugar no salón de actos do IES durante as dúas últimas horas da mañá, e tocou os seguintes puntos:
 
-Plan de empresa
-Plan económico-financeiro (programa viable 2020)
-Servizos de información e asesoramento prestados polo IGAPE
-Programas de axudas (financeiras e de capital)
Syndicate content

Iniciar sesión

Calendario do Centro

« Xullo 2018
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Lexislación

Noticias e recursos

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.