FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
O DEREITO LABORAL >Principios de aplicación das normas laborais.


PRINCIPIOS DE APLICACIÓN DAS NORMAS LABORAIS
No Dereito do Traballo existen unha serie de principios de aplicación e interpretación que tratan de protexer ós traballadores.

Principio de norma máis favorable No caso de que existan duas ou máis normas que poidan ser aplicadas, tomaráse a que, en conxunto, tendo en conta os conceptos cuantificables, resulte máis beneficiosa para o traballador. Ver exemplo
Principio de condición máis beneficiosa Segundo este principio, os traballadores manterán aqueles beneficios que teñan acadado aínda que apareza unha norma posterior que estableza condicións menos favorables que as que se viñan disfrutando. Ver exemplo
Principio pro operario Cando existan dúbidas en canto a interpretación dunha norma sempre será interpretada a favor do traballador.
Principio de irrenunciabilidade de dereitos Os traballadores non poden renunciar ós dereitos que as normas lles recoñecen. Ver exemplo