FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
O DEREITO LABORAL >O traballo regulado polo dereito laboral.

O TRABALLO REGULADO POLO DEREITO LABORAL

O Estatuto dos Traballadores na sua definición de Dereito Laboral establece que é un conxunto de normas que regulan as relacións que nacen da prestación persoal de servicios voluntaria, retribuídos por conta allea, e dentro do ámbito de organización e dirección do empregador ou empresario. (art.1.1 ET.)

Características da prestación laboral
Persoal: A prestación debe ser levada a cabo polo propio traballador, non por outra persoa no seu nome
Voluntaria O traballo debe ser realizado de xeito voluntario polo traballador, non contra a sua vontade.
Por conta allea: O froito do traballo non pertence ó traballador senon ó empresario.
Retribuida: O traballador percibe un salario polo seu traballo.
Dependente: O traballador está sometido ó poder de organización e dirección do empresario