|
A RELACIÓN LABORAL >Período de proba.
| Forma |
O seu establecemento é optativo e de
acordalo deberán fixalo por escrito no contrato.
. |
| Duración |
A duración máxima do período de proba establecerase nos
convenios colectivos e, no seu defecto, a duración non
poderá exceder de:
- Seis meses para os técnicos titulados.
- Dous meses para o resto dos traballadores.

|
| Dereitos |
- Durante o período de proba o
traballador terá os mesmos dereitos e obrigas correspondententes ó
posto de traballo que desempeñe coma se fora da plantilla.
- Durante este período poderase rescindir a relación laboral
por vontade de calquera das partes sen alegar ningunha causa
e sen preaviso, salvo pacto en contrario.
- Transcorrido o período de proba, o contrato producirá
plenos efectos, computándose o tempo dos servicios
prestados na antigüidade do traballador na empresa.
|
| Prohibición |
Non se poderá establecer período de
proba cando o traballador xa desempeñara as mesmas funcións
con anterioridade na empresa, baixo calquera modalidade
de contratación. |
O pacto de período de proba ha de preceder ou ser simultáneo ó contrato. O pacto posterior é nulo, aínda que se faga por escrito.
Nas empresas con menos de 25 traballadores, o período de proba non poderá
exceder de tres meses para os traballadores que non sexan técnicos titulados.
|