1. O contrato indefinido ordinario:
É aquel no que non se define dun xeito claro cal é a tarefa do traballador.
É aquel que non ten límite temporal.
É aquel no que o traballador non pode ser despedido baixo ningún concepto.
2. O contrato para o fomento da contratación indefinida:
Ten como finalidade facilita-la colocación estable de traballadores.
Pode suscribirse só con minusválidos
Ten como finalidade a substitución dun traballador con dereito a reserva do posto de traballo.
3. Os contratos para a formación:
Están dirixidos a persoas con titulación universitaria ou de formación profesional de grado medio ou superior.
Están dirixidos a persoas entre 16 e 21 anos que carezan de titulación.
Están dirixidos a calquer traballador que se queira acoller a eles.
4. A formación teórica propia dos contratos para a formación:
Non pode ser inferior ó 15% da xornada.
Ten que ser forzosamente de carácter presencial.
Ten que ser impartida en días non laborais para non afectar ó desenrolo de traballo.
5. Os contratos de traballo en prácticas:
Non poderán ser inferiores a 3 meses nen supera-los 2 anos.
Non poderán ser inferiores a 6 meses nen superar 1 ano.
Non poderán ser inferiores a 6 meses nen supera-los 2 anos.
6. A retribución dos traballadores en prácticas:
Será a establecida no convenio colectivo sen que poida ser inferior ó S.M.I.
Será a establecida no convenio colectivo sen que poida ser inferior ó 60 ou 75% ,durante o primeiro e segundo ano, do salario establecido en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.
Non inferior ó S.M.I. en proporción ó tempo de traballo efectivo.
7. Unha empresa de xoguetes precisa contratar catro traballadores para atender o exceso de demanda que se produce no Nadal:
Pode contratalos baixo a modalidade de contrato de obra ou servicio determinado.
Pode contratalos baixo a modalidade de contrato eventual por circunstancias da producción.
Pode contratalos baixo a modalidade de contrato de interinidade.
8. Para substituir a un traballador con dereito a reserva do posto de traballo emprégase:
O contrato de interinidade.
O contrato de obra ou servicio determinado.
O contrato indefinido ordinario.
9. O contrato de obra ou servicio determinado:
Non poderá ter unha duración superior a un ano.
Só pode ser celebrado a tempo completo.
Pódese celebrar a tempo parcial ou a tempo completo.
10. O contrato a tempo parcial:
Non se pode subscribir en España.
Implica que o traballador realiza un número de horas inferior ó dun traballador a tempo completo comparable.
Implica que o traballador só traballa polas mañas.