|
O TEMPO DE TRABALLO >Horas extraordinarias.
As horas extraordinarias regúlanse no
art. 35 ET
| CONCEPTO |
Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas horas de traballo que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo. |
| CLASES |
En principio, a realización de horas extraordinarias
é voluntaria pero poden ser esixidas polo empresario nos supostos
nos que, por un lado, exista pacto ó respecto ou así figure no convenio colectivo
e por outro, nos casos nos que a súa realización sexa necesaria para previr ou
reparar sinistros, danos extraordinarios ou urxentes (neste último caso denomínanse
horas extraordinarias por forza maior) |
| RETRIBUCIÓN |
Mediante convenio colectivo ou, no seu defecto, contrato
individual, optarase entre aboar as horas extraordinarias na contía que se fixe,
que en ningún caso poderá ser inferior ó valor da hora ordinaria, ou
compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído.
En ausencia de pacto ó respecto, entenderase que as horas extraordinarias
realizadas deberán ser compensadas mediante descanso dentro dos
catro meses seguintes á súa realización. |
| LÍMITE |
O límite máximo das horas extraordinarias non pode
ser superior a 80 horas ó ano e dentro destas non se computan as que se tiveron
que realizar por razóns de forza maior ou as que foron compensadas por periodos
de descanso durante os catro meses seguintes á súa realización.
|
| PROHIBICIÓNS |
Prohíbese a realización de horas extraordinarias ós menores de 18 anos.
Prohíbese a realización de horas extraordinarias no período nocturno, salvo en actividades especiais debidamente especificadas e expresamente autorizadas. |
|