|
O SALARIO >Liquidacións e pago do salario
LIQUIDACIÓN E PAGO DO SALARIO
O salario debe ser pagado con puntualidade no lugar e tempo
pactados, como máximo cunha periodicidade mensual. O traballador ten o dereito
de pedir, antes de que termine o mes, anticipos do salario a conta dos días xa
traballados. O empresario que non pague os salarios con puntualidade incurre en
mora o que supón que o traballador pode reclamarllos cun recargo do 10%
sobre a cantidade que se lle deba. (art.29 ET.).
A nómina, segundo o modelo oficial, presenta a seguinte estructura aínda que
por convenio colectivo ou acordo entre os representantes dos traballadores e o
empresario, pódese aprobar outro modelo sempre e cando contemple con claridade a
separación entre as percepcións e as deduccións correspondentes.
|