| PRESTACIÓN POR DESEMPREGO |
| Concepto |
Situación na que se atopan aqueles que podendo e
querendo traballar perdan o seu emprego ou reduzan a súa xornada ó menos nunha terceira parte. |
| Requisitos |
- Estar afiliado e en alta na S.S. ou situación asimilada á alta.
- Non te-la idade para a xubilación.
- Atoparse en situación legal de desemprego
(involuntario e voluntario xustificado).
- Período de carencia de 360 días nos últimos 6 meses
|
| Contía |
- 70% da base reguladora durante os primeiros 180 días.
- 60% da base reguladora durante os días restantes.
- A base reguladora calcúlase dividindo por 6 (mensual) ou 180 (diario)
a base de continxencias profesionais dos últimos 180 días.
- Tope mínimo: 100% do S.M.I. (con fillos a cargo menores de 26 anos
ou maiores incapacitados); 75% do S.M.I. (sen fillos a cargo).
- Tope máximo: 170% do S.M.I. (sen fillos); 195% (con 1 fillo);
220% (con 2 ou máis fillos).
|
| Duración: |
A que corresponde en función do tempo cotizado.
|