1. Que duración terá a prestación por desemprego dun traballador que cotizara dous anos?
120 días.
180 días.
240 días.
2. Quen está obrigado a cotizar a Seguridade Social?
O traballador.
O empresario.
O traballador e o empresario.
3. Que período de carencia debe reunir un traballador para ter dereito á prestación por incapacidade temporal provocada por un accidente de traballo?
Non se require período de carencia.
180 días dentro dos cinco anos anteriores á baixa médica.
1800 días dentro dos dez anos anteriores á baixa médica.
4. Un período de carencia de 360 días nos últimos seis anos, é requisito imprescindible para ter dereito:
Á prestación por incapacidade permanente.
Á prestación por desemprego.
Á prestación por maternidade.
5. Que duración ten a prestación por maternidade?
16 semanas, en calquera caso.
16 semanas, ampliables por parto múltiple ata 18 semanas.
16 semanas, ampliable por parto múltiple en dúas semanas por cada fillo a partir do segundo.
6. Un traballador pon fin a súa relación laboral, voluntariamente, sen que mediase ningún incumprimento por parte do empresario. Ten cotizados tres anos á Seguridade Social. Ten dereito á prestación por desemprego?
Sí, porque ten cotizados máis de 360 días.
Non, porque non se atopa en situación legal de desemprego.
Non, porque non cotizou o tempo necesario para ter dereito á prestación.
7. A incapacidade permanente total é:
A que inhabilita ó traballador para calquera profesión.
A que supón unha disminución inferior ó 33% do rendimento normal para a profesión habitual.
A que inhabilita ó traballador para levar a cabo as tareas básicas da súa profesión, pero lle permite dedicarse a outras distintas.
8. Que porcentaxe da base reguladora cobrará unha muller que se atopa de baixa por risco durante o embarazo?
100%.
75 %.
60%.
9. Quen terá dereito á pensión de orfandade?
Tódolos fillos do traballador falecido.
Os fillos menores de idade.
Os fillos menores de 25 anos, se non desempeñan ningunha actividade retribuida.
10. Os traballadores autónomos:
Non cotizan a Seguridade Social.
Cotizan no Réximen Xeral da Seguridade Social.
Cotizan nun Réximen Especial.