|
A SEGURIDADE SOCIAL >Prestacións da seguridade social > Incapacidade temporal.
| INCAPACIDADE TEMPORAL |
| Concepto |
Situación na que se atopan os traballadores
impedidos temporalmente para traballar debido a enfermidade común (EC)
ou profesional (EP), accidente de traballo (AT) ou non laboral (ANL). |
| Requisitos |
- Estar afiliado e en alta na S.S. ou situación asimilada á alta.

- Ter cotizados 180 días nos 5 anos anteriores ó feito causante (só para EC).
|
| Contía |
- Por EC ou ANL: entre o 4º e o 20º día, o 60% da base reguladora de
continxencias comúns. A partir do 21º día, o 75% da base reguladora de
continxencias comúns. O pago da prestación entre o 4º e o 15º días de
baixa corre a cargo da empresa.
- Por EP ou AL: a partir do día seguinte á baixa o 75% da base
reguladora de continxencias profesionais. O pago da prestación é a
cargo da S.S.A base reguladora calcúlase dividindo a base de cotización
do mes anterior á baixa polo número de días a que corresponde tal cotización.
|
| Duración |
Ten unha duración máxima de 12 meses prorrogables
por outros 6. Nos supostos de observación por enfermidade profesional a
duración é de 6 meses prorrogables por outros 6. |
Son situacións asimiladas á alta: a percepcións de prestacións por desemprego de
nivel contributivo, traballadores desplazados fóra do territorio nacional ó servicio
de empresas españolas, a folga e peche patronal...
|