|
A SEGURIDADE SOCIAL >Prestacións da seguridade social>Maternidade.
| MATERNIDADE |
| Concepto |
Prestación que outorga a S.S. ós traballadores nos
supostos de maternidade, acollemento ou adopción. |
| Requisitos |
- Estar afiliado e en alta na S.S. ou situación asimilada á alta.
- Ter cotizados 180 días nos 5 anos anteriores ó feito causante (data
do parto ou resolución que outorga a adopción ou acollemento).
|
| Contía |
Subsidio do 100% da base reguladora de continxencias comúns. A base reguladora
calcúlase dividindo a base de cotización do mes anterior á baixa polo número
de días a que corresponde tal cotización.
|
| Duración |
- No suposto de parto, 16 semanas, engadindo 2 semanas máis por cada
fillo a partir do segundo.
O período distribuirase a elección da interesada
sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto.
- Nos supostos de adopción e acollemento de menores de ata 6 anos, 16
semanas, engadindo 2 semanas máis por cada fillo a partir do segundo.
- O descanso poden disfrutalo o pai ou a nai se os dous son traballadores.
|
Así, se unha muller ten xemelgos o permiso de maternidade que podería disfrutar
pasaría a ser de 18 semanas.
|