FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A SEGURIDADE SOCIAL >Prestacións da seguridade social>Morte e supervivencia

MORTE E SUPERVIVENCIA
Concepto Situación na que se atopan os que dependen económicamente do traballador ou pensionista falecido
Requisitos Requisitos
  • Do causante:
    • En alta ou situación asimilada (agás no caso dos pensionistas). Se non estivese en alta precisaría un período de carencia de 15 anos.
    • Período de carencia de 500 días só si se deriva de E.C. (non é necesario no caso dos pensionistas).
  • Dos beneficiarios:
    • Viúva: é preciso o vínculo matrimonial.
    • Orfos: menores de 18 anos ou incapacitados para o traballo. Cando non realicen traballo ou perciban ingresos inferiores ó 75% do S.M.I. poderán percibi-la pensión ata os 22 ou 24 anos (no último caso se morren os dous proxenitores).
    • Outros familiares: familiares ata o 2º grado con dependencia económica do falecido.
Contía
  • Viuvez: 48% da base reguladora que pode incrementarse ata o 70%.
  • Orfandade: 20% da base reguladora sen que se supere o 100% desta tendo en conta a pensión de viuvez.
  • Prestación a favor de familiares: pensión para cada familiar ou subsidio temporal (en cuantía igual á de orfandade).
  • Auxilio por defunción: trátase dunha pequena cantidade (30,05 €) que cobra a persoa que se fai cargo dos gastos do sepelio do causante.
Duración:
  • A pensión de viuvez ten carácter vitalicio.
  • A pensión de orfandad cobrarase ata que os orfos alcancen a idade legal establecida
  • O subsidio a favor de familiares ten unha duración máxima de 12 meses.