|
A SEGURIDADE SOCIAL >Prestacións da seguridade social > Incapacidade Permanente.
| INCAPACIDADE PERMANENTE |
| Concepto |
Atópanse nesta situación aqueles traballadores que
presenten reduccións anatómicas ou funcionais graves, previsiblemente
definitivas, que supoñan a diminución ou anulación da capacidade laboral. |
| Tipos |
- Parcial (IPP): aquela que lle supón ó traballador unha diminución non
inferior ó 33% no rendemento normal da súa profesión, sen impedirlle realiza-las
tarefas fundamentais da mesma.
- Total (IPT): a que inhabilita ó traballador para a realización
de tareas fundamentais da súa profesión ou oficio. Calificaráse como IP
cualificada cando pola idade (maiores de 55 anos) ou circunstancias que rodean
ó traballador presúmese que terá dificultades para atopar traballo.
- Absoluta (IPA): incapacita ó traballador para todo tipo de profesión ou oficio.
- Gran invalidez (GI): cando un traballador non pode levar a cabo
por si mesmo os actos esenciais da vida.
|
| Requisitos |
- Ser declarado incapaz.
- Estar afiliado e en alta ou situación asimilada á alta. No caso
de IPA e GI non é preciso estar en alta, pero se a incapacidade derivase de
EC ou ANL o traballador deberá ter un período mínimo de cotización de 25
anos dos cales 3, polo menos, teñen que estar comprendidos nos 10 anos
anteriores ó feito causante.
- Non ter dereito á pensión de xubilación.
- IPP: ter cotizados 1800 días nos 10 anos inmediatamente anteriores
á data na que se extinguiu a incapacidade temporal.
- IPT,IPA,GI:
- Se o traballador ten mais de 26 anos, precisa ter cotizado
a cuarta parte do tempo transcurrido entre a data na que cumpriu 20
anos e a do feito causante, cun mínimo de 5 anos. Unha quinta parte
dese período de cotización debe estar comprendida nos 10 anos anteriores
ó feito causante.
- Se o traballador ten menos de 26 anos, precisa ter cotizado a
metade do tempo transcurrido entre a data na que cumpriu 16 anos e
a do feito causante.
|
| Contía |
- IPP: indemnización de 24 mensualidades da base reguladora
- IPT: pensión do 55% da base reguladora (engadindo o 20% no caso da cualificada).
- IPA: pensión do 100% da base reguladora.
- GI: pensión do 150% da base reguladora.
|
| Duración |
- IPP:cantidade a tanto alzado.
- IPT,IPA,GI: pensión vitalicia.
|
|