FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A SEGURIDADE SOCIAL >Prestacións da seguridade social>Xubilación.

XUBILIACIÓN
Concepto Prestación que se concede ós traballadores cando ó alcanza-la idade cesan na súa actividade laboral.
Requisitos
  • Ter cubertos 15 anos de cotización, dos cales ó menos 2 deben estar comprendidos nos 15 anos anteriores á data da xubilación.
  • Cesar na actividade laboral.
  • Ter cumplidos os 65 anos.
Contía
  • Se o traballador só ten cotizado dende o 1/1/67 simplemente se suman os días de cotizacións realizadas e se dividen por 365.
  • Se o traballador ten cotizacións anteriores ó 1/1/67 séguense as seguintes reglas:
    • Súmanse as cotizacións feitas a partir do 1/1/60 ata o 31/12/66
    • Engádense segundo a idade do traballador a 1/1/67 as cotizacións presuntas
  • A contía calcúlase aplicando á base reguladora a porcentaxe que se calcula segundo o tempo de cotización:
    • Polos 15 primeiros anos cotizados: 50%
    • Por cada ano entre o 16 e o 25: incremento dun 3%
    • Por cada ano entre o 26 e o 35: incremento dun 2%, co tope do 100% da base reguladora.
  • A base reguladora cálculase divindo entre 210 a base de cotización de continxencias comúns dos 180 meses anteriores á data de xubilación.
Duración: Pensión vitalicia.