1. A dependencia na prestación laboral implica que:
A prestación debe ser levada a cabo polo propio traballador.
Os frutos do traballo pertencen ó empresario, non ó traballador.
O traballador está sometido ó poder de organización e dirección do empresario.
2. Unha relación laboral especial:
Está excluída do ámbito de regulación do Estatuto dos Traballadores.
Aínda que está regulada polo Dereito Laboral carece dalgunha das características propias da relación laboral.
Reúne tódalas características dunha relación laboral pero conta con normas específicas.
3. A relación de servicio dos funcionarios públicos:
Está excluída do ámbito de regulación do Estatuto dos Traballadores.
É unha relación laboral de carácter especial.
Non precisa ningunha regulación.
4. Atópase excluído do ámbito de aplicación de Estatuto dos Traballadores:
O traballo dos deportistas profesionais.
O traballo prestado por un voluntario nunha ONG.
O traballo dun minusválido nun centro especial de emprego.
5. A lei orgánica:
Precisa a maioría absoluta para a sua aprobación.
Precisa a maioría simple para a sua aprobación.
Pode tamén coñecerse como lei ordinaria.
6. A orde establecida segundo a pirámide de xerarquía normativa é a seguinte:
Lei, convenio colectivo, contrato de traballo, usos e costumes locais e profesionais.
Lei, contrato de traballo, convenio colectivo, usos e costumes locais e profesionais.
Obrigatoriamente a Constitución na cúspide da pirámide mentres que nas demáis normas a orde é indiferente.
7. Son fontes externas do Dereito Laboral:
Regulamentos e directivas comunitarias.
Só regulamentos comunitarios.
As leis orgánicas e ordinarias.
8. Os convenios de O.I.T.:
Son fontes externas de orixe comunitaria.
Son fontes externas de orixe internacional.
Son fontes internas.
9. Segundo o principio de norma más favorable:
Aínda que apareza unha norma posterior que empeore certas condicións, os traballadores teñen dereito a mante-las condicións adquiridas con anterioridade que lles sexan máis favorables.
Os traballladores non poder renunciar ós seus dereitos.
Se a unha relación laboral se lle pode aplicar varias normas tomarase aquela que, en conxunto, lle resulte máis favorable ó traballador.
10. Se un traballador firma nun contrato de traballo que renuncia ó disfrute das suas vacacións:
O contrato é válido.
O contrato é nulo en virtude do principio de irrenunciabilidade de dereitos.
O contrato é nulo en virtude do principio de condición máis beneficiosa.