FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
O DEREITO LABORAL >Traballos excluidos de relación laboral.

TRABALLOS EXCLUÍDOS DE REGULACIÓN LABORAL.

Son relacións de traballo ás que non se lles pode aplica-lo Dereito Laboral, ben porque non teñen algunha das características da relación laboral, ben porque, aínda téndoas, se regulan por normas propias alleas ó Dereito Laboral. (art.1.3 ET.).

Son as seguintes:
  • A relación de servicio dos funcionarios públicos.
  • As prestacións persoais obrigatorias (traballos de colaboración social).
  • A dos conselleiros nas empresas societarias cando non desenrolen outra actividade na empresa.
  • Os traballos realizados en virtude de amistade, benevolencia ou de boa veciñanza.
  • Os traballos familiares, ata segundo grado, salvo que se demostre a condición de asalariados de quen os leve a cabo.
  • Os axentes comerciais que interveñan en operacións mercantís asumindo o risco distas.
  • A actividade dos transportistas con autorización administrativa.
  • A dos traballadores por conta propia (autónomos).