FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A RELACIÓN LABORAL >Período de proba.

Forma O seu establecemento é optativo e de acordalo deberán fixalo por escrito no contrato. .
Duración A duración máxima do período de proba establecerase nos convenios colectivos e, no seu defecto, a duración non poderá exceder de:
  • Seis meses para os técnicos titulados.
  • Dous meses para o resto dos traballadores.
Dereitos
  • Durante o período de proba o traballador terá os mesmos dereitos e obrigas correspondententes ó posto de traballo que desempeñe coma se fora da plantilla.
  • Durante este período poderase rescindir a relación laboral por vontade de calquera das partes sen alegar ningunha causa e sen preaviso, salvo pacto en contrario.
  • Transcorrido o período de proba, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.
Prohibición Non se poderá establecer período de proba cando o traballador xa desempeñara as mesmas funcións con anterioridade na empresa, baixo calquera modalidade de contratación.
Seguinte[1][2]