| CONTRATO EVENTUAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCCIÓN |
| Concepto |
Ten por obxecto atender ás esixencias circunstanciais
do mercado,acumulación de tarefas ou exceso de pedidos,
aínda tratándose da actividade normal da empresa.
Ver exemplo |
| Duración |
A duración máxima é de 6 meses dentro dun período
de 12 meses. |
| Forma |
Por escrito ou de forma verbal se a duración non
é superior a 4 semanas nin a tempo parcial. Se se formaliza por escrito
cómpre indica-la circunstancia que o xustifica. |
| Outras características |
Se o contrato ten unha duración superior a un ano,
a denuncia do contrato debe facerse con 15 días de antelación
ó término. |
| Normativa |
- Art. 15 do E.T.segundo a redacción dada polos art. 1º.8 e 1º.10 da
da lei 12/2001, de 9 de xullo (B.O.E. de 10 de xullo).
- R.D. 2720/98 de 18 de decembro (B.O.E. de 8 de xaneiro de 1999).
- Art 3º da Lei 12/2001, de 9 de xullo (B.O.E. de 10 de xullo).
|
Hai certas actividades nas que o volume de negocio varía moito segundo a época do
ano. Así un restaurante nunha poboación de veraneo precisa máis camareiros no
verán que no inverno ou unha empresa adicada á venda de turrón precisa promotores
no Nadal. Estas persoas son contratadas baixo esta modalidade de contrato.