FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
O TEMPO DE TRABALLO >Horas extraordinarias.

  As horas extraordinarias regúlanse no art. 35 ET

CONCEPTO Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas horas de traballo que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo.
CLASES En principio, a realización de horas extraordinarias é voluntaria pero poden ser esixidas polo empresario nos supostos nos que, por un lado, exista pacto ó respecto ou así figure no convenio colectivo e por outro, nos casos nos que a súa realización sexa necesaria para previr ou reparar sinistros, danos extraordinarios ou urxentes (neste último caso denomínanse horas extraordinarias por forza maior)
RETRIBUCIÓN Mediante convenio colectivo ou, no seu defecto, contrato individual, optarase entre aboar as horas extraordinarias na contía que se fixe, que en ningún caso poderá ser inferior ó valor da hora ordinaria, ou compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído.
En ausencia de pacto ó respecto, entenderase que as horas extraordinarias realizadas deberán ser compensadas mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.
LÍMITE O límite máximo das horas extraordinarias non pode ser superior a 80 horas ó ano e dentro destas non se computan as que se tiveron que realizar por razóns de forza maior ou as que foron compensadas por periodos de descanso durante os catro meses seguintes á súa realización.
PROHIBICIÓNS Prohíbese a realización de horas extraordinarias ós menores de 18 anos.
Prohíbese a realización de horas extraordinarias no período nocturno, salvo en actividades especiais debidamente especificadas e expresamente autorizadas.