1. No caso de traslado definitivo dun traballador, éste pode:
Negarse, co conseguinte despido disciplinario por parte do empresario.
Aceptalo, sen dereito a ningún tipo de compensación económica.
Rescindir o seu contrato con dereito a unha indemnización.
2. No caso de que un traballador rescinda o seu contrato por non estar de acordo cun desprazamento temporal, ten:
Dereito a unha indemnización de 20 días de salario por ano traballado, ata un máximo de 12 mensualidades.
Dereito a unha indemnización de 12 días de salario por ano traballado, ata un máximo de 20 mensualidades.
Non ten dereito a ningunha indemnización.
3. A excedencia por coidado de fillos ten unha duración máxima de:
Tres anos desde a súa solicitude.
Tres anos desde o nacemento, adopción ou acollemento.
Un ano desde o nacemento, adopción ou acollemento.
4. É requisito imprescindible para disfrutar dunha excedencia voluntaria:
Ter, como mínimo, un ano de antigüedade na empresa.
Ter unha causa que xustifique a sua petición.
Non ter disfrutado doutra excedencia con anterioridade.
5. A embriaguez habitual é unha causa de:
Despido improcedente.
Despido por causa obxectivas.
Despido disciplinario.
6. A morte do empresario individual, cando non hai continuidade da empresa, dá lugar:
Á extinción do contrato, sen dereito a indemnización algunha por non ser causa imputable o empresario.
Á extinción do contrato con dereito a unha indemnización de un mes para o traballador.
O traballador podería optar entre quedar él coa empresa ou cobrar a indemnización por despido.
7. No caso de despido por causa obxectivas, o traballador terá:
Dereito a unha indemnización de 20 días de salario por ano traballado ata un máximo de 12 mensualidades.
Non ten dereito a ningunha indemnización.
Ten dereito a unha indemnización de 45 días de salario por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades.
8. Os salario de tramitación son:
Os salarios correspondentes ós días que median desde a data do despido ata a notificación da sentencia que declara a súa improcedencia.
Os salarios correspondentes ós días que median desde o momento que xurde a causa do despido e a entrega da carta de despido.
Os salarios que se lle pagan ó traballador no finiquito.
9. O despido será declarado nulo cando:
Non se podan probar os motivos nos que se basou o despido.
Exista un defecto de forma no despido.
O despido sexa discriminatorio ou se faga violando os dereitos fundamentais do traballador.
10. No caso dun despido improcedente:
O traballador debe ser readmitido.
O empresario optará entre readmiti-lo traballador ou aboarlle unha indemnización.
O traballador despedido decidirá se prefiere volver ó seu posto de traballo ou recibir unha indemnización.