FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
MODIFICACIÓN, SUSPENSIÓN E EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >A extinción do contrato.

EXTINCIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO
A extinción do contrato de traballo regúlase na Sección Cuarta do Capítulo III do Estatuto dos Traballadores.
Concepto A extinción do contrato supón que este deixa de existir, cesando definitivamente as obrigas das partes.
Causas O contrato de traballo extinguirase:
  • Por mutuo acordo das partes.
  • Polas causas consignadas validamente no contrato.
  • Pola expiración do tempo acordado ou a realización da obra ou servicio obxecto do contrato.
  • Pola dimisión do traballador, debendo mediar o preaviso que sinalen os convenios colectivos ou o costume do lugar.
  • Pola morte, gran invalidez ou invalidez permanente total ou absoluta do traballador.
  • Pola xubilación do traballador.
  • Pola morte, xubilación ou incapacidade do empresario, ou pola extinción da personalidade xurídica do contratante.
  • Por forza maior que imposibilite definitivamente a prestación do traballo.
  • Por despido colectivo fundado en causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción (art.51 ET.).
  • Por vontade do traballador, fundamentada no incumprimento contractual do empresario.
  • Por causas obxectivas legalmente procedentes.
Seguinte[1][2][3][4]