|
MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO >Modificación do contrato>Mobilidade funcional
| TIPOS DE MOBILIDADE FUNCIONAL |
REQUISITOS |
| Dentro do mesmo grupo profesional |
O empresario, dentro da empresa, pode cambiar ó
traballador de posto de traballo, sempre que o cambio se faga
para realizar funcións que se encadren do mesmo grupo
profesional ou de categorías profesionais equivalentes. |
| Entre distintos grupos ou categorías profesionais |
Só será posible si existen razóns técnicas ou organizativas
que a xustifiquen e polo tempo imprescindible para a súa atención.
Ademais, no caso de encomenda de funcións inferiores, o cambio deberá estar
xustificado por necesidades perentorias ou imprevisibles
da actividade productiva.
Nestes casos, o traballador ten dereito a percibir
a retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, salvo nos casos de
encomenda de funcións inferiores, nos que se manterá a retribución de orixe. |
|