|
A SEGURIDADE SOCIAL >Afiliación á seguridade social.
A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL
No réxime xeral, o empresario é a persoa obrigada a solicita-la
afiliación ou a alta na S.S. dos traballadores con anterioridade á
data de inicio da relación laboral.
Se o empresario non cumplise
con esta obrigación o propio traballador poderá solicitalo na Dirección
Provincial da Tesorería Xeral da Seguridade Social. A propia Administración
laboral pode proceder á afiliación ou á alta dun traballador
cando teña coñecemento da situación por medio da Inspección de
Traballo e Seguridade Social.
A afiliación é unica para toda a
vida do traballador, mentres que a altas e as baixas prodúcense
cada vez que se inicia unha nova actividade laboral.
|