FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A SEGURIDADE SOCIAL >Prestacións da seguridade social>Maternidade.

MATERNIDADE
Concepto Prestación que outorga a S.S. ós traballadores nos supostos de maternidade, acollemento ou adopción.
Requisitos
  • Estar afiliado e en alta na S.S. ou situación asimilada á alta.
  • Ter cotizados 180 días nos 5 anos anteriores ó feito causante (data do parto ou resolución que outorga a adopción ou acollemento).
Contía Subsidio do 100% da base reguladora de continxencias comúns. A base reguladora calcúlase dividindo a base de cotización do mes anterior á baixa polo número de días a que corresponde tal cotización.
Duración
  • No suposto de parto, 16 semanas, engadindo 2 semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período distribuirase a elección da interesada sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto.
  • Nos supostos de adopción e acollemento de menores de ata 6 anos, 16 semanas, engadindo 2 semanas máis por cada fillo a partir do segundo.
  • O descanso poden disfrutalo o pai ou a nai se os dous son traballadores.