Páxina principal do I.E.S. As Barxas


O Rosal, 2 
36950 Moaña
Telf.: 986 31 42 43 - Fax : 986 31 42 44
e-mail:
admin@meteoasbarxas.org

 

Páxina principal

A nosa estación meteorolóxica

    O observatorio meteorolóxico do IES AS BARXAS, consta de varias casetas e dunha estación automática.
    Nas casetas tómanse os datos manualmente. Na máis antiga é onde recollen os datos diariamente os alumnos e alumnas máis cativos e que comezan  a traballar na estación (1º e 2º da ESO xeralmente). Dispón de: Catavento, Higrómetro, Barómetro aneroide, Termómetro de máximas e mínimas e Pluviómetro.

    Os alumnos que levan máis tempo traballando, toman os datos diariamente, noutra caseta que ten material mais actualizado: Pluviómetro Hellmann,  Psicrómetro, Termómetro, Barómetro de mercurio, Termómetros de máximas e mínimas.
    
    Tódolos datos  históricos ata o momento corresponden os datos recollidos diariamente por os alumnos e alumnas durante todos estes anos, excepto os fins de seman e os períodos non lectivos que son recollidos polo conserxe do Instituto  o por algún profesor. 

    Tamén dispoñemos dunha estación automática Davis Weather Monitor II, que descarga os datos continuamente ó PC do laboratorio de Física, onde se arquivan e se contrastan cos que se toman manualmente. O tratamento da información rexistrada fácemolo con un programa, o Weatherlink, que tamén fai as lecturas dos datos da consola da estación.

 
¿Quen somos?

Estación meteorolóxica

Datos actuais