| Galicia |
| "Estanme
botando fóra do meu país, como se eu non existise" |
|
|
| P.
¿Tes pechadas as libretas de ficción? ¿Qué estás a escribir
neste momento? |
R. Pois logo de catro meses adicado a propagar o que nos fixeron e o que
pasaba coa marea negra á fin puiden volver ao meu, a escribir ficción.
Desde hai uns días volvín a unha historia que deixara parada, é algo
que arranca dun libro anterior meu ("O país da brétema", Edit.
Aguilar), un intento de contar unha historia épica: o destino dos herois,
a morte, a guerra, a maxia...Ambientada na época celta, a dos castros, os
torques e os guerreiros máxicos.
| "El
agua era negra y sólida" |
| Son
las primeras palabras en la obra: Nunca Máis, libro que recoge artículos
publicados en diarios españoles tras el hundimiento del Prestige en
las costas gallegas. |
”Galicia tiene días. A veces está envuelta en algo como niebla, o humo
de petróleo, entonces los reyes que se han ido y los santos peregrinos
arriban en barcas de piedra. Estemos atentos, uno de esos días llega:
este sábado un marinero de un pueblo de la Costa da Morte lanzó al mar
una piedra de cinco kilos y la piedra flotó. El agua era negra y sólida.”
El texto, que surgió de manera “inesperada”, pretende ser un “acto
cívico, pasional, de militancia y de protesta”. De hecho, la
experiencia no acaba aquí y por cada ejemplar vendido se destinará un
euro a ‘Nunca Máis’, ya que, como asegura el autor, la causa de esta
plataforma “es la de todos, de la democracia y un problema de Estado”.
|
| Pregunta.
¿Como naceu a túa vocación de escritor? |
R. Naceu a partir tanto das miñas capacidades como das miñas carencias.
As miñas capacidades estaban no lado da expresión a través da palabra e
do debuxo. De pequeno chamábanme "o pintore" porque debuxaba
ben supoño, e unha das miñas habilidades máis celebradas polos maiores
eran contar contos, tanto chistes como os contos dun cómico que daquela
se oía pola radio, "O Xestal". E máis adiante na escola dábanseme
ben as redaccións e esas cousas. Por outro lado resultábame moi difícil
concentrarme no pensamento abstracto, na aritmética, química. De maneira
que tiven claro pouco e pouco que o meu camiño na vida tiña que ir polo
lado de traballar coa imaxinación.
|
| P.¿Qué
recomendacións lles farías a aquele/as que están comezando a
escribir? |
R. Sen dúbida, que lea moito e, se de verdade quere ser escritor, que se
forme literariamente. Debe buscar información sobre as tendencias artísticas,
as linguaxes literarias, os diversos camiños posibeis...
|
| P.
¿Cal dos teus libros che resultou máis complicado de escribir? ¿Por
qué? |
R. Probabelmente o que máis traballo me deu foi esta novela, deille
voltas ao argumento durante uns tres anos e logo levoume escribila outros
tres anos. E tiven que ler unha verdadeira biblioteca sobre diversos
temas. Porque aínda que todo é imaxinado, para saber que non metes a
pata tés que ler primeiro sobre o asunto.
|
| ¿Por
que decidiches abandonar a docencia? |
R. Non tiña vocación de profesor, e pola contra tiña unha vocación moi
clara de escritor. Quería vivir como un escritor, adicar todas as enerxías
e toda a miña creatividade a iso e non telo que repartir entre
actividades diversas. Ademais diso, durante anos defendín que a
literatura galega precisaba escritores profisionais se de verdade quería
ser unha literatura normalizada, unha literatura con público lector, ou
sexa unha literatura de verdade. E si que se pode vivir disto. Claro que
eu levo vinte anos publicando libros e levo publicado uns vintealgo,
traducidos a outros idiomas, adaptados a teatro, algún ao cinema...Tamén
nalgunhas ocasións colaborei en prensa dun xeito regular. Ou sexa, que se
pode vivir disto se a túa obra se consolida co tempo e se traballas moito.
Aínda que é difícil. Sen embargo teño claro que se pode ser un
escritor, mesmo un gran escritor, aínda que non se viva disto. Sen
embargo a grande maioría dos escritores cuia obra sobreviviu foron
profesionais dun modo ou doutro, de Sófocles, a Shakespeare, a
Cervantes...
Volver Portada
| Entrevistamos
al escritor Suso de Toro |
| Guionista,
articulista y escritor polifacético, ha contestado a nuestras
preguntas sobre sus dos últimas obras. La novela Trece campanadas y
el ensayo Nunca máis |
Su obra ha sido traducida a varias lenguas, siendo objeto de estudio en
diversas universidades europeas. Es una de las figuras más
representativas de la literatura gallega actual, en donde ha publicado más
de veinte obras y es uno de los principales narradores españoles
contemporáneos. Entre sus títulos destacan la obra de teatro Unha rosa
é unha rosa (1997) y los libros de narrativa Caixón desastre (1983);
Polaroid (1986); Land Rover (1988); Ambulancia (1990); Tic-Tac (1993),
Premio da Crítica Española; A sombra cazadora (1994); Conta saldada
(1996); Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor; Círculo (1998); Non
volvas (2000), Premio da Crítica Española. Escribió, también, libros
de periodismo y ensayo como Parado na tormenta (1996), Eterno retorno
(1996), O país da brétema (2000), A carreira do salmón (2001) y la obra
Nunca máis (2003). Su última novela Trece campanadas (2003) es una
narración de terror y metafísica, es una indagación sobre la memoria de
nuestra ciudad, Santiago, pero también sobre el impreciso límite entre
la realidad y la invención popular del mal; ha sido adaptada al cine por
el director Xavier Villaverde y protagonizada por Juan Diego Botto.
|
| P.
Cando lin a obra chamoume a atención a figura que se facía do
Demo, do Mal.... ¿Qué querías expresar realmente? |
erías expresar realmente? R. Interésame moito o mundo do máxico, do
relixioso, do lado trascendente e misterioso da existencia. E dentro diso
o tema do mal é moi importante. En realidade esta novela é a miña versión
dun tema literario de longa tradición, o tema de Fausto: o ser humano que
se revela contra o destino humano, que quere deixar de ser humano, ser
semellante a un deus.
|
| P.
¿De donde xurdiu a idea de Trece badaladas? ¿Qué che pareceu a
adaptación cinematográfica? ¿Basácheste nalgún personase real? |
? R. A idea orixinal é moi simple, imaxinei a unha fantasma que aniñaba
na nosa cidade, algo así como un veciño monstroso que vivía desde hai séculos
na cidade axexante. De aí saiu todo. Máis tarde tiven que imaxinar quen
era esa personaxe, e iso levoume aos tempos fundacionais da cidade, a
Idade Media. E levoume aos constructores do tempo, en concreto a un
personase fascinante e do que descoñecemos case todo, que é o Mestre
Mateo. Eu inventeille unha vida e unhas circunstancias persoais.
|
| P.
Cres que o libro Nunca máis é oportuno? ¿Repercutirache a suá
publicación en posibles colaboracioóns nos medios de comunicación
"oficiais"? |
R. Eu xa estou censurado na Galiza desde hai anos. Desde hai uns sete anos
o meu nome está prohibido que apareza nas páxinas do xornal local, El
Correo Gallego, decretaron a miña desaparición. E na miña propia cidade.
E desde hai tres anos, por orden de Fraga Iribarne, os meus artigos
deixaron de aparecer no xornal máis importante de aquí do que era
colaborador. Aínda máis, a noticia de que apareceran as miñas tres últimas
novelas apareceron nas páxinas da edición local de Santiago de "La
Voz", é dicir que aos lectores das outras once edicións do xornal
se lle oculta que sae un libro novo meu. ¿Parécevos que me poden
perxudicar moito máis? Desde hai uns anos todo o que publico na prensa é
en xornais de Madrid ou Barcelona. Estanme botando fóra do meu país,
como se eu non existise.
Suso
de Toro, (Santiago de Compostela 1956)
"Trece
Campanadas" . La última obra de Suso de Toro que ha sido llevada al
cine, inspirada en la vida e histoira de nuestra ciudad de Santiago
"Nunca
Máis, Galicia a la intemperie " es un reportaje sobre la catástrofe
del Prestige