1. No I.E.S. "AS INSUAS", de Muros, temos en actividade permanente dous ACUARIOS MARIÑOS de litoral:
![]() |
![]() |
2. "CONSEGUIDO" salientando os feitos máis espectaculares (muda do santiaguiño, por exemplo).
3. "CHEGADAS".Para informar das "altas" que se van producindo.
4. "GRÁFICOS": de temperatura, densidade, Nitritos, Nitratos, Dureza total, Dureza de carbonatos (bicarbonatos), e acidez.
5. "BUZÓN DE VOZ": Un sobre para que os alumnos fagan as preguntas e suxerencias que se lles ocorran encol das súas observacións.
6. "O ACUARIO RESPOSTA" para responder ás preguntas do Buzón de Voz: (¿Por qué morren os rodaballos?, ¿Por qué marcha a luz?...).
7. "¿QUÉ SERÁ?" Para desfacer posibles confusións. (¿un tomate? -non, ¡unha actinia!; ¿unha flor? -non, ¡unha anémona!; ¿son ovas raras? -non: ¡é un parásito!,...)
8. "O PROTA DA SEMANA":Cada semana ponse unha ficha coas características máis salientadas dun exemplar do acuario.
2. Tamén o pasado curso, comenzamos nas Insuas a xuntar, clasificar, ordenar e expoñer toda a clase de "CUNCHAS MARIÑAS E RELIQUIAS" de animais mariños (cunchas de moluscos, caparazóns, cápsulas ovíxeras, ...). Temos catro mobles- expositores acristalados. Aínda que o núcleo constitúeno as cunchas da ría (3 vitrinas), temos un apartado para cunchas exóticas, e, eventualmente, expoñemos donacións temporais que os alumnos ceden (o pasado ano, por exemplo, caparazón de tartaruga mariña e mandíbula de tabeirón). As cunchas son aportadas polo alumnado e temos un apartado para a "CUNCHA DA SEMANA", e outro para as "ACHEGAS", coas novidades que se van incorporando á colección, así como un LISTADO de especies.
Dende este peixe hai un hipervínculo á páxina do listado.
Se queres facer algunha suxerencia para colaborar no apartado do acuario, pódes poñerte en contacto co profesor encargado no seu e-mail.